
ACTO POLO DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER
sáb., 22 de feb.
|A Coruña
POV: Adolescente e autista


Time & Location
22 de feb. de 2025, 09:30 – 14:20
A Coruña, Rúa Galileo Galilei, 6, 15008 A Coruña, España
About the event
Desde ASPERGA, en colaboración coa Federación Autismo Galicia, temos o pracer de convidarvos ao acto institucional e xornada titulada “POV: Adolescente e Autista. Crónica en primeira persoa”, que terá lugar o próximo sábado 22 de febreiro de 2025 para conmemorar o Día Internacional da Síndrome de Asperger.O evento celebrarase na Fundación María José Jove (Rúa Galileo Galilei, 6, 15008 A Coruña) e estará centrado na adolescencia e o autismo, ofrecendo un espazo para a reflexión e o intercambio de experiencias en primeira persoa.
Programa da Xornada
09:30 – 10:00: Presentación institucional
10:00 – 11:00: TEA e adolescencia. Introdución a cargo de Sira Cerviño (terapeuta ocupacional) e Teresa Andrade (psicóloga), acompañadas por un adolescente autista que compartirá a súa perspectiva.
11:00 – 11:45: Ámbito educativo e adolescentes no espectro. Charla e experiencia en primeira persoa sobre a mellora das contornas educativas dende a perspectiva de alumnado autista.