Sábado de xornadas
- Feb 24
- 2 min read
O pasado sábado día 22 de febreiro celebrouse na Asociación María José Jove, unhas xornadas moi interesantes que tiñan como obxectivo achegarnos ás vivencias de xóvenes con TEA.
Despois dos saúdos e do acto de inauguración por parte do presidente da Deputación da Coruña, Asperga, da Xunta de Galicia, da Asociación Autismo Coruña e do noso Concello, pasamos a coñecer de primeira man o sentir das persoas dentro do espectro.
Foron moitos os xóvenes que participaron activamente coa súa propia voz, pero aínda moitos máis que estaban no público e, en xeral, en todo o mundo, que precisan que todos coñezamos como precisan axuda e que debemos facer para que este mundo e sociedade na que vivimos sexa un espazo feliz para eles.
Ademais, grazas a un dos nosos alumnos JGH, que fixo unha exposición brillante, deuse oficialmente por presentado un proxecto moi interesante e fermoso que nace da súa experiencia ao longo dos seus 16 anos. O proxecto recibe o nome de "TEA Friendly" e que suporá unha nova perspectiva na educación de alumnos con TEA dentro dos centros educativos. TEA Friendly será unha certificación que obterán os centros educativos que cumpran unha serie de requisitos (valorados por un comité de expertos) que supoñen converterse en centros que non soamente cumpran co xa coñecido protocolo TEA, senón que vaian máis aló do tratamento e atención ao alumnado con estas casuísticas.
Pídese colaboración para poder arrincar definitivamente este proxecto, así coma intención de compromiso formando parte do grupo de expertos.
